Area da Secada - Turismo A Illa - Rutas e paseos na Illa de Arousa

Vaya al Contenido

Menu Principal

Area da Secada

Rutas de paseo

Ver Paseo da Area da Secada. en un mapa más grande

Rutas proximas


Lugares de Interese proximos



 

Esta ruta comeza no punto mais alto da costa da Area da Secada, dende esta lugar temos unha das vistas mais típicas da Illa de Arousa, podemos ver o Faro de Punta Cabalo e os nosos pes a praia de Sualaxe, o nome de esta praia ven dado polo prefixo súa- que significa "debaixo de" e a laxe a que se refire este nome témola a poucos metros de nos.



A chamada Laxe da Escorregadoira ou tamén Laxe das Pombas e a formación rochosa mais grande da illa, se camiñamos sobre ela podemos observar a nosa dereita o Faro e a nosa esquerda a Praia da Area da Secada e a punta de Barbafeita.



Seguimos descendendo pola costa, ata chegar a Praia de Area da Secada. Esta praia catalogada coa bandeira azul da Unión Europea, conta con baños, duchas e posto de socorro. E unha das praias mais fermosas e turísticas, esta bordeada polo piñeiral da Bouza onde se organiza, durante as festas do Carmen, a romeira do dia de San Ramón, este dia toda a Illa de Arousa se bota o monte a comer e a festexar.



A praia debe o seu nome a unha antiga arte de pesca chamada a sacada, que consistía en utilizar embarcacións para estender unha longa rede de unha punta a outra dunha praia e despois valéndose da forza de persoas e bestas de carga tirar das puntas da rede, isto facía que se arrasara con todo o que houbese no mar, esta arte deixou de utilizarse polo seu terrible impacto no medio mariño. En este caso o nome da praia pasou de Área da Sacada a Area da Secada.

Camiñando ata o final da praia topamos con outra das pequenas marabilla naturais da Illa, as dunas na Area da Secada, unhas pequenas dunas móbiles rodeadas de vexetación e con algún que outro vestixio do pasado mais recente e deprimente das Rias Baixas. Camiñando pola pasarela que atravesa as dunas e continuando polos cons, chegamos a Punta de Barbafeita, onde podemos contemplar o Con de Trespes, un estrano con que semella estar pousado sobre tres patas xusto a beira do mar.



Volvemos sobre os nosos pasos e seguimos ata o final da ruta, a nosa dereita temos outras pequenas praias, a esquerda a subida o campo de fútbol da Bouza, onde podemos ver partidos das categorías inferiores do Celtiga, e o final da pasarela de madeira o IGAFA (Instituto Galego de Formación en Acuicultura).

 

Información da Ruta:

  • 2 km

  • Apta para camiñar e bicicleta

  • Dificultade media.

  • Lugares de Interese: Laxe da Escorregadoira, Praia da Area da Secada, Dunas da Area da Secada, Punta de Barbafeita, Con de Trespes, Monte da Bouza.

  • Percorre varias praias.



 
Fotos da Ruta
 
Comentarios
blog comments powered by Disqus
 

 Licencia de Creative Commons

turismoailla by Pablo Lojo Rial is licensed under a
 Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España License.
Creado a partir de la obra en www.turismoailla.com.

Regreso al contenido | Regreso al menu principal