Faro de Punta Cabalo - Turismo A Illa - Rutas e paseos na Illa de Arousa

Vaya al Contenido

Menu Principal

Faro de Punta Cabalo

Rutas de paseo

Ver Paseo do Faro de Punta Cabalo en un mapa mais grande

Rutas proximas


Lugares de Interese proximos



 

Esta ruta comeza fronte a Praia do Naval, xusto no final do seu paseo marítimo, a praia do Naval e característica pola cantidade de embarcacións que hai varadas en ela, case todas embarcacións auxiliares para que os mariñeiros poidan chegar os barcos que están atracados xusto en fronte.




Avanzamos  pola Rúa das Rubas, ata o final do camiño asfaltado e deixando a ultima casa a nosa esquerda, en este momento tomamos un pequeno camiño de terra por entre as terras labradas a esquerda e o mar a dereita.
O final deste camiño de terra avanzamos cara a nosa dereita e poderemos ver o inicio oficial da senda.





Esta senda levaranos entre a natureza da Illa de Arousa, a un lado temos o monte autóctono e no outro o mar e as formacións rochosas que se foron labrando o longo dos séculos.
Dende esta parte da illa podemos contemplar todo o norte da Ria de Arousa, incluído o monte mais alto da provincia de Pontevedra o Monte Xiabre, tamén podemos contemplar as ducias de bateas que  flotan tranquilamente sobre as augas da ria.
Despois de avanzados uns 600 m pola senda chegamos o punto mais o norte da Illa de Arousa, a Punta do Campelo, dende este lugar podemos divisar agora si que por completo toda franxa norte da Ria de Arousa, dende Catoira ata Ribeira pasando polo Monte da Curota.
O seguinte que nos atopamos e a Praia da Cova e as súas fermosas formacións rochosas. A historia do nome desta praia ven dado a que se críea que fai séculos existía unha cova que unía esta praia co Con do Navío, lugar onde habitaban os piratas que vivían na illa, e que esta cova servíalles como escape en caso de seren atacados na súa gorida.



Seguimos avanzando no noso paseo, deixando a nosa dereita mais praias do norte da Illa de Arousa e se temos sorte divisando algunha manada de Golfiños ou Arroazes moi característica desta zona da Ria de Arousa.
Xa dende fai uns centros de metros divisamos o final da nosa ruta, O Faro de Punta Cabalo. Comezamos un paseo de madeira que bordea unhas pequenas praias e que remata na praia do Faro.

Dende fai uns anos o Faro que data do ano 1852 foi reconvertido en restaurante pero segue mantendo a súa luz acesa polas noites, tamén conserva outros detalles como un pequeno embarcadoiro eu un reloxo de sol tallado na pedra.



A nosa ruta remata aquí, pero tamén podemos adentrarnos, con moito coidado, polas pedras que forman a chamada Punta Cabalo, o seu nome ven dado porque as rochas que o forman semellan unha manada de cabalos salvaxes.

 

Información da Ruta:

  • 1.86 km

  • Apta para camiñar e bicicleta

  • Difcultade media/baixa

  • Lugares de Interese: Punta do Campelo, Faro de Punta Cabalo.

  • Percorre varias praias.

 
Fotos da ruta
 
Comentarios
blog comments powered by Disqus
 

 Licencia de Creative Commons

turismoailla by Pablo Lojo Rial is licensed under a
 Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España License.
Creado a partir de la obra en www.turismoailla.com.

Regreso al contenido | Regreso al menu principal