Parque de Carreiron - Turismo A Illa - Rutas e paseos na Illa de Arousa

Vaya al Contenido

Menu Principal

Parque de Carreiron

Rutas de paseo

Ver Parque de Carreirón. en un mapa más grande

Rutas proximas


Lugares de Interese proximos

 

O Parque de Carreirón e unha das zonas mais fermosas e mellor conservadas da Illa de Arousa.
Foi declarado parque natural e reserva de protección de aves e flora. Na entrada temos uns carteis que nos alertan das normas que temos que seguir dentro do parque.





Nada mais entrar no parque temos a nosa esquerda a praia de Xastelas que se estende dende a entrada do parque ata a Punta de Xastelas, seguimos esta ruta para rodear todo o parque.
Dende a punta de Xastelas se miramos cara atrás temos toda a inmensidade da praia e a sempre vixiante presenza da Ponte da Illa que podemos contemplar en toda a súa lonxitude.




O contrario que as Praias da zona norte da Illa as de esta zona son características por ter moi pouca variación de profundidade, poderemos camiñar polo mar durante un bo treito sen que a auga chegue a cubrinos.
Se seguimos camiñando teremos o contraste do mar e a praia a nosa esquerda e do monte de piñeiros a nosa dereita.

O atractivo do parque de Carreiron non son so as súas numerosas praias, tamén a lagoa que se atopa no centro do parque. Este e un lugar privilexiado para a observación de aves autóctonas e migratorias.


Se temos sorte tamén poderemos gozar do espectáculo da fauna mariña, esta tamén e unha zona de avistamento de Arroazes e outros cetáceos.

Na parte mais o sur do Parque tamén podemos contemplar toda a boca da Ria de Arousa: O Grove, a Toxa, a illa de Salvora, a punta de Aguiño e Ribeira.

Entre as moitas curiosidades que podemos ver en este parque temos unha moi característica, nunha das praias vemos o antigo casco dun barco, totalmente desfeito, que foi abandonado alí polo seu dono e que agora mesmo forma parte do parque da mesma maneira que o fan os cons ou a arbores.



No treito final da ruta temos unhas mesas de pedra típicas de merendeiro dende as que podemos contemplar a Ensenada de Espiñeiro.
Pasando estas mesas volvemos de novo a praia de Xastelas e o comezo da ruta.


Agradecementos a Manuel polas fotos.



 

Información da Ruta:

  • 3.85 km

  • Apta para camiñar.

  • Dificultade media.

  • Lugares de Interese: Punta de Xastelas, Lagoa de Carreiron, Ensenada de Espiñeiro, en xeral todas as praias.

  • Percorre varias praias.

 
 
Comentarios
blog comments powered by Disqus
 

 Licencia de Creative Commons

turismoailla by Pablo Lojo Rial is licensed under a
 Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España License.
Creado a partir de la obra en www.turismoailla.com.

Regreso al contenido | Regreso al menu principal