Paseo do Vao - Turismo A Illa - Rutas e paseos na Illa de Arousa

Vaya al Contenido

Menu Principal

Paseo do Vao

Rutas de paseo

Ver Paseo dende o Vao ata Carreiron. en un mapa más grande

Lugares de Interese proximos

 

Esta ruta iniciase na praia do Vao, esta praia e unha das mais turísticas da Illa, tanto pola súa facilidade de acceso como pola súa fermosura en augas e paisaxe. Esta praia esta calificada coa bandeira azul da Unión Europea, conta con baños, duchas e un posto de socorrismo.



E unha das praias mais longas da Illa, comeza xusto no inicio da ponte, onde hai tamén un parque para cativos, e continua preto de 800 metros, bordeada por un paseo de madeira.



A senda continua pasando a praia do Vao e por outras praias igual de fermosas, entre elas, A Lavanqueira, ou Conserrado, todas as praias que compoñen esta senda teñen un aspecto similar, area branca e augas claras, son perfectas para tomar o sol pola mañá e ata a media tarde, tamén están ben para os que buscan ter algo de sombra das arbores.



En estas praias tamén podemos ver as mulleres e homes da Illa mariscando nas épocas nas que se abre a veda.
Durante todo o ano practícanse deportes náuticos relacionados coa vela, windsurf, kitesurf ou vela en dorna tradicional.




 

Información da Ruta:

  • 2.47 km

  • Apta para camiñar e bicicleta

  • Dificultade media.

  • Lugares de Interese: Punta do Bao, Praia do Bao, Praia da Lavanqueira, Praia de Conserrado, Con do Cocodrilo.

  • Percorre varias praias.

 
Fotos da Ruta
 
Comentarios
blog comments powered by Disqus
 

 Licencia de Creative Commons

turismoailla by Pablo Lojo Rial is licensed under a
 Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España License.
Creado a partir de la obra en www.turismoailla.com.

Regreso al contenido | Regreso al menu principal